“Callejeros: Al ladrón” (Cuatro, 23:45 h.)

“Callejeros: Al ladrón” (Cuatro, 23:45 h.)

25 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Teñen por afección os millonarios calmar as súas conciencias con fundacións benéficas que ademais lles desgravan ante Facenda. Aí están grandes as grandes firmas téxtiles desenvolvendo programas de cooperación e xurando que os meniños que lles cosen os vestidos de cóctel son felices traballando pola nosa elegancia. Eu dende aquí proclamo que, se de verdade queren facer obra social, impulsen o retorno da riñonera. Ser&

Son a praia da Barceloneta, os vagóns do metro ateigados ou os amoreamentos humanos na Porta do Sol estadios olímpicos para os mestres do descoido, os ladróns prestidixitadores capaces de facerche desaparecer os cartos diante do nariz: iso si, sen reintregalos maxicamente de volta ao seu dono. Os reporteiros de Cuatro baixas ás zonas máis propicias de Barcelona e Madrid para rexistrar como actúan os ladróns de luva negra e dedo longo que lles deixan un souvenir para toda a vida aos turistas despistados en forma de lembranza ingrata. Iso, cunha riñonera ben axustada e á vista todo o tempo, nos lles tería pasado. Unha idea sobre a que reflexionar durante a emisión de “Al ladrón”, unha reportaxe de “Callejeros” que se emite quince minutos antes da medianoite.

Sociedade