“Callejeros: Poligoneros” (Cuatro, 22:45 h.)

“Callejeros: Poligoneros” (Cuatro, 22:45 h.)

16 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Son guapo, rico e téñenme envexa”. Moitos titulares para unha declaración, a de Cristiano Ronaldo, que non facía máis que manifestar en voz alta o que xa todos intuíamos que bulía no seu siso. Así que sorpresa ningunha por confirmar o leit-motif da icona mundial, a mesma que lexitima unha certa confusión entre o bo gusto e a horterada: sobrado de autoconfianza vai pola vida o gran futbolista e seguro que mellor persoa. É como

Os medios de comunicación aínda se refiren aos mozos do polígono como esa rapazada desarraigada, que aprendeu a se vestir entre o Bershka e os filmes de Mad Max, que se droga para aturar o baleiro dunha vida co mesmo futuro ao que lle cantaban os Sex Pistols, e que, como non lles chega para hipoteca, fan do seu coche con neóns o seu verdadeiro fogar. “Dime de onde vés e direiche quen es” é a redución que adoitan facer os medios, que asocian ao polígono esta tribo de novo cuño. O que non din é que, cos núcleos das cidades transformándose en urbanizacións exclusivas para ricos dos que poden pagar o imposto do patrimonio, o polígono é o refuxio cara o que nos van empurrando a todos. Estamos a uns anos de rebautizarnos como Jessi  e calar a viseira de medio lado. Ao tempo.

“Callejeros: Poligoneros” emítese en Cuatro a partir das once menos cuarto da noite.

Sociedade