ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coincidindo coa celebración da festividade de Todos os Santos, o vindeiro domingo estréase na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester (20h.) de Ferrol (A Coruña) a nova producción do realizador Pablo Portero. Trátase dunha curtametraxe na que se propón un percorrido pola xeografía galega a través dos cemiterios, das construccións relacionadas coa morte, das xentes e os ritos, nunhas xornadas tan especiais como Defuntos e Todos os Sant
“Camposanto” é unha curtametraxe carente de artificios, a medio camiño entre o xénero documental e o experimental. O propio Pablo Portero cualifica este traballo como “arriscado”, pola súa linguaxe narrativa, “sen palabras nin voz en off” e únicamente empregando a música (do grupo 6PM) e as imaxes dos camposantos como fío conductor.
Nesta curta, o realizador ferrolán achegase a unha vintena de cemiterios, entre os que se inclúen os de Ferrol, San Andrés de Teixido, Muxía, A Coruña, Vilalba, Lugo ou Verín, procurando distintas maneiras de concebir a morte e a lembranza aos finados. A grabación realizouse o ano pasado, en plena conmemoración das festividades de Todos os Santos e Defuntos.
Cinco anos leva Pablo Portero vencellado ao mundo do audiovisual. Na actualidade traballa como guionista, script doctor e programador, ademais de exercer como profesor de guión e de narrativa audiovisual.