ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As cintas de María Dominga seguen a rememorar o paso de Gustavo polo Manicomio e como intentou recuperalo do lamentable estado no que saíu do sanatorio mental intentando recordarlle os seus poemas de xuventude que a Madriña converteu en coplas despois de memorizar cada palabra. Resumo dos Capítulos 34 a 38 do Podcast Madriña, dirixido por Eugenia Sanmartín, con guión de Antonio Tizón e música de Antón Ramos.
Mentres Ricardo e Sánchez Pereiro empezan a preocuparse pola falta de comunicación de Gustavo e Clara, estes gozan do éxito acadado por Gustavo na presentación das súas poesías na Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol.
As pescudas do inspector xubilado fan que vaia coñecendo, un a un, aos peculiares membros da familia Gallego Tenreiro, e aumentando, ao mesmo tempo, o número de sospeitosos do asasinato de Ramiro Gallego Tenreiro.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora