ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O éxito acadado coas lecturas na Semana de Poesía Salvaxe e unha longa conversa co poeta Carlos Oroza deixan a Gustavo nun evidente estado de excitación. Resumo dos Capítulos 39 a 43 do Podcast Madriña, dirixido por Eugenia Sanmartín, con guión de Antonio Tizón e música de Antón Ramos.
Aumenta a preocupación de Ricardo por Gustavo, xa que non consigue que conteste ao teléfono. Pídelle a Sánchez Pereiro que intente localizalo a través de Clara, pero tampouco ela sabe do seu paradoiro. Ao regreso ao seu domicilio na Coruña Gustavo desaparece deixando unha nota para Clara encomendándolle o coidado da súa filla entanto non acabe de cumprir con éxito a misión que se encomendou a si mesmo. A sombra presente dunha nova crise da súa enfermidade de que poida estar en plena fase maníaca da doenza que sofre, co perigo que iso supón para a súa integridade e, incluso, para a súa vida.
Mentres tanto, a voz de María Dominguez segue debullando as vivencias de Gustavo á súa saída do manicomio e a axuda de María Silveira, a súa moza.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora