ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O colectivo SOS Courel denuncia que a Xunta e o Goberno central invisten máis de 3 millóns de euros en destruír esta contorna natural. Desde a asociación ecoloxista aseguran que se están a malgastar fondos europeos en actuacións que estragan a riqueza natural do Courel, espazo protexido como Rede Natura. O colectivo oponse á restauración hidrolóxica-forestal que está a sufrir a zona. Consiste en accións levadas a cabo nos cam
Os efectos destas actuacións son numerosas. Destrucción e desbroce de material protexido, levantamentos da capa superficial da terra con grandes máquinas para a plantación de prantas alleas alterando o hábitat propio. Unha auténtica aberración para a que constitúe a reserva botánica de Galicia, laiáse Vázquez. Ademais arrásase a cuberta vexetal aumentando a erosión e contaminando as augas. Por riba as novas especies introducidas son na maioría coníferas pirófitas co que medra o risco de incendio, aclara
A pesares que as obras ían realizarse a man se está a traballar con grandes máquinas para aforrar tempo pero que destrozan máis o ecosistema amosando “unha corrupción descarada”. Ante este panorama o colectivo ecoloxista denunciará os feitos ante o Parlamento Europeo e se non acadan unha solución a “destrucción do Courel será difícil de atallar”.
No Courel sobrevoa a ameaza forestal e mineira cos grandes estragos ocasionados polas canteiras, moitas delas abandonadas coas escouras pola ladeira chegando ao val e contaminando os ríos. Segundo o voceiro de SOS Courel a Xunta defende estas actuacións e agocha intereses nelas. De feito o director xeral de conservación da natureza é un membro do Cluster da madeira co que Vázquez define con ironía “que se pon ao raposo coidando ás pitas”.