“Cine: El luchador” (La Sexta, 00:30 h.)

“Cine: El luchador” (La Sexta, 00:30 h.)

27 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Hai todo un debate universal arredor das engurras de expresión, pero un debate serio e con consecuencias, non unha destas chácharas intranscendentes. Do resultado dese conflito dependen os miles de millóns de euros que move a industria cosmética, a mesma que traballa para que sexamos os cadáveres co cute máis lustroso do camposanto, momias andantes con pel de cu de naipelo. É unha teoría moi estendida que a Preysler ten unha epiderme inmaculada porque

Como tantos outros, o actor estadounidense non quixo que o paso do tempo deixase pegada nel, pero para a súa desgraza, el máis que ninguén é unha desas persoas marcadas pola vida. E nótaselle. Non fai falla que escriba unhas memorias ou lle conceda unha entrevista a Ophra: lévao escrito na faciana. E mira que se debeu inxectar todo o bótox do planeta para tapar as patas de galo, pero o seu resultou ser galo de pelexa. A través desa cara tratada pola tecnoloxía estética agroman igualmente as engurras que tanto expresan malia a inexpresiva parálise. Nunca tanto como en “El Luchador”, o filme dirixido por Darren Aronofsky no que interpreta a unha vella gloria da loita libre atrapada nun ring, a súa vida, no que recibe malleiras constantes. Emítese en La Sexta media hora despois da medianoite. 

Cultura