“Cine: Leones por corderos” (La 1, 22:15 h.)

“Cine: Leones por corderos” (La 1, 22:15 h.)

14 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Na crítica contra o cine español, non contra unha longametraxe concreta, senón o cine español como industria e mesmo como concepto, hai un lugar común que todo o mundo coñece: unha de cada dúas longametraxes producidas en España ten que ver, dunha ou doutra maneira, coa Guerra Civil, o máis terrible episodio nacional ata que Mourinho lle quixo colocar a lente de contacto ao segundo adestrador do Barcelona. O guerracivilismo sería

Por exemplo, moitos devecemos polo guión que conte todo o que tivo que acontecer para que un ex presidente do Goberno acabase loitando por controlar o pelo da cabeza e do bigote entre os refachos do vento das Azores, sentíndose o rei do mundo como Kate Winslet na proa do Titanic mentres os DiCaprio da política mundial o sostiñan nos seus brazos.

Rebentarán as billeteiras o día no que haxa valor abondo e respecto abondo, amén de cartos abondos, para facer filmes sobre os episodios máis infames da diplomacia recente. Así que mentres aquí as televisións rodan haxiografías da Casa Real, a Duquesa de Alba ou Tita Cervera, os americanos, tan vilipendiados por nós, permítense cuestionar de cote a axenda política do seu país.

É o que fai Robert Redford en “Leones por corderos”, un tríptico en forma de longametraxe no que detrás e diante da cámara, xunto a Meryl Streep ou Tom Cruise, entre outros actores, analiza a obsesión de Washington coas guerras. Non é unha gran película, pero é unha película dunha clase pouco común por aquí. Emítese ás dez e cuarto da noite en La 1 de Televisión Española.

Cultura