“Coñecer a Rosalía”

“Coñecer a Rosalía”
24 de Febreiro, 2026 - 02:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene celebra o Día de Rosalía, que conmemora o nacemento da autora galega máis universal, cun acto este mércores que incluirá recital poético e unha conferencia de Francisco Rodríguez. 

“Coñecer a Rosalía” é o título do acto que se celebrará na Casa da Cultura este mércores ás sete e media da tarde. Haberá un recital popular de poesía, así como unha conferencia de Francisco Rodríguez, catedrático especialista en Rosalía de Castro; e coloquio sobre a obra rosaliana. O recital estará a cargo do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene. Acto aberto a todos os públicos con entrada libre que organiza o Concello de Fene.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora