“Con-cierto Swing” abre o vindeiro xoves un ciclo de concertos solidarios en Pontedeume.

“Con-cierto Swing” abre o vindeiro xoves un ciclo de concertos solidarios en Pontedeume.

01 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As actuacións musicais, protagonizadas por grupos da vila, prolongaranse durante todo o mes de marzo e terán como finalidade recaudar fondos para os damnificados polo terremoto de Haití. Miguel Yáñez, un dos organizadores, asegurou a Radiofusión que os veciños de Pontedeume xa teñen demostrado noutras ocasións que son solidarios, respaldando iniciativas semellantes como as que se organizaron no seu día a prol do Sahara ou para os afectado

“ConCierto Swing” abre o ciclo este xoves cun concerto no Pub Apnea. “Brainstorming” actuará  o sábado no Bar Futbolín. Tras deles, e en sucesivas semanas, celebraránse todas as actuacións en distintos establecementos da vila dos Andrade que se foron sumando a esta iniciativa.

O xoves 11, “Debosses”  pasarán polo Trasteiro e, ao día seguinte, “Roger de Flor” e o “Mago Dany” actuarán no Abrevadeiro. O programa completarase coas actuacións de “Rey Mugre” na Casa da Estación, o xoves 18, e o grupo “Infussión”  no Pelouro, o xoves 25 de marzo.

A maiores, os organizadores venderán rifas solidarias (a un euro) nos establecementos que participan na campaña, celebrándose ao final de cada concerto un sorteo agasallos, aportados polo comercio local. Ademais, segundo explicou Miguel Yáñez, ao longo deste mes de marzo celebrarase no bar O Baradeiro (antigo Tostaky) unha poxa de cadros e fotografías, cedidas por distintos artistas da comarca.  Tamén se anuncia unha subasta especial dunha camiseta do Deportivo da Coruña asinada por todo o equipo.

Sociedade