“Conexión Samanta: Madre a los 16” (Cuatro, 00:15 h.)

“Conexión Samanta: Madre a los 16” (Cuatro, 00:15 h.)

29 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Festexemos que a entremetida reporteira Samanta Villar deixase de facer “21 días” e, xa que logo, de suplantar aos protagonistas das súas pezas, porque se cadra o sacrificio para esta nova reportaxe tería sido excesivo. Non hai que perder o sentido por un punto de audiencia. Así que podendo ficar embarazada, desta volta botouse a un lado para relatar como observadora a preñez de outras. E ben mirado, tampouco podería obter mellor rating que elas. Hai xa

Multiplícanse nos últimos tempos os programas que exhiben os altibaixos emocionais das embarazadas adolescentes, xa sexa con propósito documental, educativo ou de rir por non chorar. Cómpre ver esta noite se Cuatro evita a vía do escarnio que se desliza por shows como os da MTV, nos que máis que nais adolescentes vemos concursantes de “Humor Amarillo” participando naquela proba que consistía en atravesar á carreira unha porta a escoller entre tres, orando para que fose de papel e non deixar os dentes no camiño: as rapazas do Medio Oeste americano que alí asoman exhiben un rosario de malas decisións, como se fosen deixando a crisma en todas as portas macizas postas no seu camiño. 
Dende aquí, para a reportaxe “Madre a los 16” que se emite en “Conexión Samanta” quince minutos despois da medianoite, tan só unha petición: fuxamos do obvio e non escoitemos unha vez máis a Sergio Dalma cantar con voz ronca como o predictor se pinta de rosa no cuarto de baño. 
Sociedade