“Corazón amoratado” gaña o Concurso de guións contra a violencia de xénero.

“Corazón amoratado” gaña o Concurso de guións contra a violencia de xénero.

29 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha historia de violencia de xénero é a que retrata o guión “Corazón amoratado” elaborado por unha equipa do Instituto Puga Ramón da Coruña que vén de gañaro o Concurso de guións contra a violencia de xénero que vén de fallar a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Xénero da Deputación da Coruña. O xurado, destacou a orixinalidade do guión, a claridade e

“Corazón amoratado” relata unha historia de violencia de xénero desde o punto de vista do maltratador a través dunha elipse, remitindo a épocas e feitos pasados con distintos recursos temporais. Titorizado pola docente María Anxos Romeo Barreiro, traballaron na elaboración do guión Uxía Carreira Moscoso, Mencía González Rodríguez, María Calvo García e Gara Sandá Florez, do Instituto Rafel Puga Ramón da Coruña.

Así mesmo, o fallo fai fincapé en que o guión traballa os obxectivos da convocatoria relativos a súa posibilidade de xerar debate e mobilización, reflexionando sobre a necesidade de combater e denunciar a violencia de xénero. Traballa ademais con diferentes formas de violencia de xénero dentro do ámbito familiar e fai fincapé na importancia social da denuncia.

Presidiu o xurado a deputada da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Educación, a nacionalista Ánxela Franco. Completabanno o Presidente da Academia Galega do audiovisual, Xosé Carlos Ares Pérez, as técnicas de igualdade e servizos sociais, Paula Filgueiras e Eva Ovenza, o responsábel da edición e deseño gráfico da Deputación, José Manuel Cobas con Carolina Buhigas como secretaria decidiu por unanimidade conceder o premio a “Corazón Amoratado” do Instituto Puga Ramón.

Desde a área de igualdade da Deputación fíxose fincapá na gran calidade dos guións presentados e agradecer aos centros e persoal docente que titorizou os traballos pola súa calidade e concienciación en materia de prevención da violencia de xénero. “Animamos aos centros de ensino a que continúan a traballar nesta liña porque o ámbito escolar é fundamental á hora de eliminar o machismo que é a causa da violencia de xénero”, destacou a deputada nacionalista Ánxela Franco.

O premio consiste nun curso práctico de realización de curtas no que se producirá o vídeo con base no guión gañador. Outórgase tamén un premio en metálico de 2.000 euros ao centro educativo que titorice o traballo premiado.

Sociedade