“Crónicas da represión lingüística” en Redondela

“Crónicas da represión lingüística” en Redondela

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual sobre a represión lingüística desatada en Galicia a partir do levantamento militar. A realización desta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade os métodos represivos empregados no noso pais, onde a nosa li

A participación de investigadores e estudosos engade o rigor científico necesario para afondar noutros aspectos desta represión lingüística que proxecta a súa longa sombra ata os nosos días segundo afirma a concelleira de Normalización, Mari Anxeles Babarro. Unha mostra que poden visitar ata o 30 de maio no Multiusos da Xunqueira. Os paneis que integran esta exposición fan un percorrido por diferentes feitos que se poden englobar dentro dun conxunto de medidas orientadas a reducir o uso do galego no pais. Inclúe referencias e declaracións de recoñecidos membros da cultura galega como Francisco Fernández Del Riego, Isaac Díaz Pardo ou o propio homenaxeado no día das letras galegas deste ano, Ramón Piñeiro. Atopamos tamén declaracións dun veciño da nosa vila, Raimundo Cal, mestre expedientado en 1936 e detido durante a ditadura “aquilo foi unha masacre. Foi horrible, aqueles días, aqueles coches que viñan cargados de mortos, da Concheira, de Amoedo, de Cesantes... pasaban polo medio da rúa deixando un regueiro de sangue e ían ao cemiterio”.

Cultura