“Cuestión de sexo” (Cuatro, 00.15 h.)

“Cuestión de sexo” (Cuatro, 00.15 h.)

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Como a herba é sempre máis verde no xardín do veciño, o estranxeiro produce sempre unha fascinación especial. Velaí está “Gossip girl”, a serie que estreaba Cuatro a pasada semana, un culebrón sofisticado cheo de malas malísimas que comen cociña macrobiótica pero, en realidade se alimentan de ciumes e envexa. A súa estrea entrou pisando forte como as súas protagonistas e arreándolle un cade

Comedia e sexo adoitan casar ben, pero así como os chistes se gastan e á hora de xogar na cama hai un catálogo de movementos referidos no Kamasutra que, cando se queren sobrepasar, ameazan a natural estrutura do corpo, na teleserie de Cuatro xa se probaran todas as combinacións posibles. Entre as tres parellas principais realizaron todo o catálogo de cornos e infidelidades permitidos polas regras da combinatoria, e agora, cando xa non hai credibilidade ningunha e o único que restaba era arriscarse cunha relación incestuosa, os executivos de Cuatro decidiron matar ao animal para que non sufra. A “Cuestión de sexo” quedaralle presumir de que triunfou máis que calquera outra serie de produción propia da canle do grupo Prisa, en cuxo cemiterio xa podrecen “Gominolas”, “HKM” ou “Cuenta atrás”. O epitafio, é esta noite ás doce e cuarto.

Sociedade