“Cultura entre rúas” na Semana Santa ao Vivo

“Cultura entre rúas” na Semana Santa ao Vivo

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Semana Santa ao Vivo é unha proposta cultural de lecer nacida no ano 2000 por iniciativa do Concello de Allariz motivada pola gran presencia de turistas durante esas datas. Un perfil de visitantes que podían ser susceptibles de demandar algo máis á oferta estándar que a vila posúe noutras datas do ano. Esta iniciativa, co seu slogan “cultura entre rúas”,

O Casco Histórico, un marco escénico ideal para o obxectivo que se pretendía, sitúa o proxecto inicial que abrangue sobre todo música. Tres grupos musicais recorrerán as rúas alaricanas de xeito que os turistas e tamén os veciños poidan, sen apenas esforzo, escoitar distintas bandas de diversos estilos musicais co só pasear polas rúas do casco.

Nestes nove anos que contemplan o formato, por Allariz teñen actuado un grande abano de artistas nos xéneros musicais clásico, pop, folk, jazz, worlmusic, étnico, blues, etc...

Os turistas deléitanse con boa música, con ese concepto de “música de rúa” pero con “músicos de estudo”. Sen palco, sen parafernalias, tocando en acústico ou con moi pouca amplificación.

As actuacións son matutinas, das 12.00 ás 14.00 h e vespertinas, das 18.00 ás 20.00 h sempre que non coincida con rituais relixiosos que se respectan íntegros.

Este ano acudirán os grupos Manu e Silvia con música galega e española en estilo pop e folk, Kamu con música clásica tradicional galega e do leste e Willy & Franki con música cubana tradicional e moderna.

Os grupos estarán asentados na Praza Maior, rúa Entrecercas, Praza do Eiró, Praza dos Mesóns e Santo Estevo. Se o tempo non acompaña os músicos reubicaranse en espacios alternativos como A Praza de Abastos, Baixo da Casa do Concello, Baixo Museo do Xoguete e Fogar dos Maiores.

O xoves 9 ás 20:30h, A casa de Cutlura acollerá o concerto Vai de Camiño con Joaquín Lera e Lucía Pérez.

Tamén haberá propostas musicais en locais hostelerios como no Café Cultural Roi Xordo onde actuará Mr Whiz o xoves ás 24:00h e Pablo Bicho Quinteto o sábado 11 ás 24:00h.

A programación deste ano inclúe, ademáis, dúas novidades interesantes. O venres día 9 ás 23:30h haberá un concerto no que actuará Rodríguez Fixel Bello- Bossa Trio. Unha nova proposta que ampliará as posibilidades para gozar da Semana Santa en Allariz.

Este ano presentarase outra nova iniciativa cultural. Allariz acollerá a primeira edición do Mercadiño do Libro. A rúa Entrecercas e a Praza do Eiró será o escenario no que os libreiros e editoriais galegas e portuguesas colocarán os seus stands durante o xoves, venres, sábado e domingo.

Música e literatura centrarán a programación cultural da Semana Santa ao Vivo, compaxinada coa actividade relixiosa tradicional nestas datas.

Sociedade