“De puño e letra” con Cristina Sánchez Andrade

“De puño e letra” con Cristina Sánchez Andrade
16 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Galicia dos anos cincuenta é o marco no que se desenvolve “Las inviernas” o libro de Cristina Sánchez Andrade, que hoxe comentan as nosas compañeiras neste capítulo de “De puño y letra”.

 

ESCOITA O PODCAST:

Dúas irmás regresan á Terra Chá despois dunha longa ausencia, moi unidas por un feito escuro cometido no pasado, e tamén pola súa paixón polo cine e a vida dos artistas de Hollywood. 

Volven á que foi a casa do seu avó, da que tiveron que fuxir cando eran nenas, e onde homes e animais conviven baixo o mesmo teito. 

Na Terra Chá, nada e todo cambiou, as xentes, a pequena casa afastada baixo a choiva, o cheiro acre do toxo, as flores, as colleitas, os costumes... Pero as fronteiras entre a verdade e a mentira, os recordos e a realidade son difusas. Por algún motivo, o regreso das irmás trastorna a plácida existencia dos habitantes da aldea. 

Por que ninguén quere falar de don Reinaldo, o avó? Que ocorreu durante a guerra que agora lles ocultan?

Por que as chaman así, «as Invernas»?

Cultura

Publica o teu comentario agora