ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Mejor la ausencia” preséntanos unha familia destruída, atravesada pola violencia da súa contorna. Amaia, a pequena de catro irmáns, narra esa contorna brutal desde a súa mirada de nena e adolescente. Esta é a proposta que “De puño e letra” comparte hoxe coa escritora vasca Edurne Portela.

Medrar sempre implica algunha forma de violencia, contra un mesmo ou contra aqueles que queren impor a súa autoridade. Cando ademais a vida transcorre nun pobo da marxe esquerda do Nervión durante os anos 80 e 90, e todo é heroína, paro, detritus medioambiental, cando nas rúas asubían cada semana as pelotas de goma e os gases lacrimóxenos e as paredes están cheas de consignas asasinas, a violencia non é só un problema persoal.
Amaia, a pequena de catro irmáns, narra esa contorna brutal desde a súa mirada de nena e adolescente. Compartimos con ela o seu medo, a súa perplexidade, a súa rabia, diante un pai que fere, unha nai que se esconde, tres irmáns que, como ela, só buscan saír adiante. Amaia é a moza que se enfronta, até alcanzar os seus propios límites, a este mundo hostil. Amaia é tamén a muller que anos despois volve ao seu pobo para atoparse cun pasado non resolto.
Publica o teu comentario agora