“De puño e letra” con Elisa Victoria

“De puño e letra” con Elisa Victoria
07 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Neste episodio de “De puño y letra”, as entrevistadoras propóñennos unha conversa con Elisa Victoria, a sevillana autora de “Vozdevella”.

 

ESCOITA O PODCAST:

Ten nove anos. O seu nome é Mariña, pero no cole chámana Vozdevella. 

Este verán en Sevilla, o primeiro despois da Expo do 92, é tan longo e tan seco que ela non sabe si chorar ou rir. Se quere que todo cambie ou que todo siga igual. Porque aínda xoga con bonecas Chabel pero xa mira revistas para adultos. Porque a súa nai está enferma e ela xa se imaxina nun convento rodeada de orfiñas. Porque todo o mundo, tamén o seu pai, insiste en desaparecer. Porque a súa mellor amiga é a súa avoa, quen lle cociña, peitéaa, déixase cortar esas uñas como alacráns, cóntalle o seu amor por Felipe González, dille tranquila, ensínalle novos tacos, cóselle vestidos de flores. Logo sáe e eses vestidos moléstanlle tanto coma se fosen de lixa. E aínda así, Mariña sempre ten fame: de vida, e de filetes empanados.

Cultura

Publica o teu comentario agora