ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cando a vida se detén de golpe, é o momento de facer memoria.

É iso o que sente Noray diante da inesperada morte dos seus avós Carmen e Tomás. Despois do funeral, incapaz de afrontar a ausencia de quen lle ensinaron as moitas formas que ten o querer, encérrase na casa familiar do pobo, onde creceu e foi feliz. Alí refúxiase nas palabras e decide enfrontarse á novela que leva anos postergando: a historia da súa familia, ligada á dun país con demasiado temor a conxugar o pretérito, desde a guerra civil até a consolidación da democracia. A través da escritura, Noray evocará as vidas daqueles que fixeron posible a súa e lidará cos seus peores medos e pantasmas para tratar de descubrir quen é.
Esta historia chegará, sen que ela o saiba, a mans de Ismael, o amor da súa vida, que irá lendo, na habitación dun hospital, as páxinas dese relato cuxo final marcará para sempre o destino de ambos.
Isto é o que nos conta Inés Martín Rodrigo en “Las formas del querer”, un libro que debullarán na conversa que Inés mantivo neste episodio de “De puño e letra” coas nosas compañeiras de RTV Cardedeu.
Publica o teu comentario agora