ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Jenn Díaz é unha escritora e política catalana, deputada por Esquerra Republicana no Parlamento de Catalunya coa que hoxe partillaran conversa as nosas compañeiras de “De puño y letra”.

En “Madre e Hija”, Díaz achéganos a vida de catro mulleres fortes e á vez fráxiles, e como afrontan a súa necesidade do masculino, xusto no momento en que o seu máximo representante desaparece.
A morte de Ángel –o pai de familia, o marido, o irmán, un home feito e dereito–cambia para sempre a existencia das mulleres da súa vida. A súa irmá Dores, súa muller Gloria e as súas fillas, Ángela e Natalia, verán como a forma que tiveran os séus días non volverá ser a mesma. Xuntas terán que afrontar a pena pola perda do cabeza de familia, e seguir adiante nunha casa habitada só por mulleres, na que xa non existe a referencia do home. A través de cada unha delas coñeceremos as súas maneiras de entender o mundo e o amor, e as súas formas particulares de expresar o afecto. Porque non existe un só modelo de muller, e porque non hai un único modo de vivir a vida.
Publica o teu comentario agora