“De puño e letra” con Laia Perearnau

“De puño e letra” con Laia Perearnau
14 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Laia Perearnau preséntanos neste “De puño y letra” de hoxe a historia dunha muller que arriscaba a súa vida contra os nazis na II Guerra Mundial.

ESCOITA O PODCAST:

Nos Pirineos dos anos 40, Sol Mentruit debe fuxir do seu pobo e refuxiarse entre un grupo de contrabandistas en Andorra por presenciar un asasinato. Unha vez alí, entra nunha rede de evasión na que empeza a levar documentación sensible ao consulado británico de Barcelona. 

No medio das súas viaxes namórase de Max Schell, un francés estrafalario e intelectual do que descubrirá que é un oficial alemán. Cando o líder da rede, Quim Baldrich, decátase da relación entre Sol e Max, expúlsaa, pero ela decide realizar un último acto para demostrar a súa lealdade e levar a un grupo de refuxiados a cruzar os Pireneos de Toulouse a Barcelona para salvalos. 

Diferentes historias iranse entrecruzando até confluír nese momento que resultará definitivo para todos.

Cultura

Publica o teu comentario agora