“De puño e letra” con Marta Jiménez

“De puño e letra” con Marta Jiménez
06 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

En “Los nombres propios”, Marta Jiménez preséntanos unha indagación sobre a identidade e a relación que establecemos co mundo que nos rodea. Unha luminosa novela que imos coñecer neste episodio de “De puño e letra”.

ESCOITA O PODCAST:

Quen é Belaundia Fu? 

É a mellor amiga de Marta aos sete anos: a amiga invisible que, neses momentos en que as cousas non salguen como planeara e nin sequera a avoa é capaz de consolala, senta con ela e espera ata que se lle pase. 

Belaundia Fu é a voz sensata, ideal e infalible que, cando Marta ten dezaseis anos e a pesar de que prefira non escoitalas, dille as verdades á cara: por exemplo, que ese mozo, Charlie, non lle convén. Pero cando Marta xa cumpriu vinte e dúas, cando xa se licenciou, cando está a empezar a tomar as decisións que van marcar o resto da súa vida, que fai aínda aí Belaundia Fu? Aí segue porque é quen, desde sempre, nárralle a Marta a súa propia historia. Quen é Belaundia Fu?, preguntámonos; e, con todo, a pregunta que verdadeiramente importa é: quen é Marta?

Cultura

Publica o teu comentario agora