ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha historia para rir, chorar e reconciliarse coa vida é a proposta que compartiremos hoxe con Regina Rodríguez, a autora convidada neste capítulo de “De puño y letra”.

Sen nada que perder e todo por gañar, Rita Racons emprende o que será a viaxe da súa vida. Animada pola súa avoa, decide coller un avión e trasladarse a Estados Unidos para traballar como au-pair e aprender inglés. O azar levaraa á casa dos Bookland, en Atlanta, onde coidará dos tres fillos da familia durante un ano enteiro.
Os Bookland o son todo menos a típica familia americana. Insoportablemente intelectuais, esperan que a nova au-pair estea á altura do que esixen unhas pequenas mentes ávidas de coñecementos. E, a pesar de que non acabará de estalo, Rita e o seu caos constante levarán aos pequenos Bookland a gozar daquilo que non está escrito nos libros.
Publica o teu comentario agora