“De puño e letra” con Rosa Montero

“De puño e letra” con Rosa Montero
09 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha apaixonada defensa do valor de ser diferente.

ESCOITA O PODCAST:

Ensaio e ficción danse a man nesta exploración sobre os vínculos entre a creatividade e a tolemia, que é a proposta que hoxe imos coñecer da man de Rosa Montero e as nosas compañeiras de “De puño y letra”, falaremos de “El peligro de estar cuerda”.

Partindo da súa experiencia persoal e da lectura de numerosos libros de psicoloxía, neurociencia, literatura e memorias de grandes autores de distintas disciplinas creativas, Rosa Montero ofrécenos un estudo apaixonante sobre os vínculos entre a creatividade e a inestabilidade mental. E faio compartindo co lector numerosas curiosidades asombrosas sobre como funciona o noso cerebro ao crear, desmiuzando todos os aspectos que inflúen na creatividade, e montándoos diante os ollos do lector mentres escribe, como un detective disposto a resolver as pezas dispersas dunha investigación.

Cultura

Publica o teu comentario agora