“De puño e letra” con Tina Vallés

“De puño e letra” con Tina Vallés
08 de Decembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Na compaña de Tiña Vallés faremos un percorrido polo contido do seu libro “La memoria del árbol”, unha novela que logra colocar ao lector na pel dun neno, e que fala da transmisión das lembranzas, de como se fabrican e como poden perderse. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Sen saber por que, Jan intúe que non é tan boa noticia que agora sexan cinco na casa. Os avós Joan e Caterina deixaron Vilaverd e instaláronse con eles no seu piso do barrio de Sant Antoni, en Barcelona. E este cambio alterará o día a día na casa, onde as palabras e os silenzos adquirirán novos matices. Pero Jan e Joan teñen o seu mundo, cheo de paseos, árbores e letras con máis significado do que parece.

Mentres os adultos fan o posible para que todo vaia como sempre, Jan fíxase nos detalles do seu arredor e vainos unindo para entender que pasa. As conversas entre avó e neto, con preguntas sen resposta e respostas sen pregunta, constrúen un mosaico de escenas por onde avanza a relación entre os dous, cuxo fío condutor será a historia dun salgueiro.

Cultura

Publica o teu comentario agora