“Depor Vida”: unha crónica en galego para a esperanza do deportivismo

“Depor Vida”: unha crónica en galego para a esperanza do deportivismo

06 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O final da Liga da Primeira División foi para o fútbol galego como unha moeda botada ao aire. O festexo duns tiña que supor a tristura doutros. Houbo bágoas, como non habelas, no Deportivo. O club descende a Segunda, mais non o sentimento. Ese é sempre é de Liga de Campións. Por iso, no futuro do Dépor hai máis esperanza que tristura. “Non son as dificultades as que vencen aos homes, é o medo”. A cita de Shakespeare abre o lim

Na obra de Candal e Porto hai dous protagonistas principais: a afección deportivista e o adestrador Fernando Vázquez, “que foi quen de crear esa comuñón co equipo, o club e os seareiros”. “Chegou a un equipo derrotado e conectou”, e por eses motivos asegura o xornalista Xerardo Porto que cómpre pechar esta semana a renovación do seu contrato. Con el estarían postos os alicerces cos que lograr “un regreso triunfal para quedar moitos anos en Primeira cun proxecto sólido”.
"Depor vida", está á venda dende este xoves nas librerías Nós, Suevia e Sisargas da cidade da Coruña. Tamén se pode adquirir en Internet a través do enderezo http://moitodepor.wordpress.com
Deportes