“Dixéronnos que eramos o grupo favorito de Manuel Fraga”

“Dixéronnos que eramos o grupo favorito de Manuel Fraga”
17 de Maio, 2024 - 12:24 h. | Publicada por Radio Fene

Esta e outras anécdotas apareceron na conversa que mantivemos en Sons de Nós con Tereixa Novo, unha das voces máis recoñecibles de Fuxan os Ventos e que é parte do grupo dende o mesmo momento do seu nacemento.

ESCOITA O PODCAST:

Tereixa achegounos a intra historia de Fuxan, un dos grupos máis reivindicativos, militantes e comprometidos coa música, a cultura e a lingua galega que ten aparecido no panorama musical galego e que é referente para moitas xeracións de músicos e músicas do país. 

Fuxan naceu aló polo 1971  dentro do coro que existía no Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. Dentro dese coro formouse un grupo de rapaces e rapazas que querían facer música folk, primeiro internacional pero despois música de raíz, do pobo, do que ían coñecendo e recollendo coa súa gravadora polos pobos galegos onde actuaban.

Ao  III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, que se celebrou en outubro de 1972 chegaron como “Folk 72” gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo e naceu para a historia da cultura galega, Fuxan os Ventos. 

Un grupo de culto e que, sen dúbida, ademais de ter influenciado no devir da música galega, ten sido participante activo na defensa da cultura de Galicia e dos movementos sociais que se viviron na Galiza na que 

O inesquecible Fran Pérez Narf dicía que Fuxan os Ventos son o noso patrimonio, e que “se Gran Bretaña está orgullosa dos Stones, porque non podemos nós estar fachendosos de Fuxan?”. 

E abofé que tiña moita razón.

Fotografía: XanXe

Cultura

Publica o teu comentario agora