“Docufilia: Vida en el infierno” (La 2, 21 h.)

“Docufilia: Vida en el infierno” (La 2, 21 h.)

14 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Antónimos de Michael Jackson; morenas ata as palmas da mans; todo bronce agás os dentes de nácar, as marcas do bañador unha liña continua sobre o negro asfalto de pel e os lunares palpitantes como un entrecosto á brasa; bronceador e suor mesturados como un verniz brillante e tanto sol acumulado durante horas de exposición, volta e volta, que conectadas a unha batería poderían alimentar durante semanas unha pequena vivenda unifamiliar á ma

La 2, que ten documentais tanto para durmir a sesta como para dar as boas noites, programa hoxe unha peza titulada “Vida en el infierno” na que descubriremos a unha fauna capaz de desenvolverse en condicións extremadamente hostís para a maioría dos seres vivos. Alcumáronos extremófilos e sabemos da súa existencia dende hai tan só tres décadas, cando alguén esforzouse o suficiente para descubrir se realmente hai formas de vida decididas a prosperar en recantos da Terra cuxas condicións só son propicias para a esterilidade e a respiración é imposible. E porén, como a doente de tanorexia que goza na procura da combustión espontánea, como o xubilado que se quere preparar para a vindeira glaciación, e como a rapazada que persegue a reprodución malia que voluntariamente coloca arredor de si todos os atrancos posibles, hai exemplares extraordinarios que se resisten á caer derrotados polas circunstancias. “O inferno son os outros e non nós”, proclamarán todos mentres admiran aos seus exóticos conxéneres no documental do programa “Docufilia” que se emite ás nove da noite. 

Sociedade