ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha das grandes esperanzas que Galicia tiña postas na quenda presidencial española á fronte da Unión Europea pode resultar frustrada ás primeiras de cambio. O levantamento dos límites impostos polas institucións supraestatais á construción naval de buques civís nos estaleiros públicos do Estado españo resultará un asunto “complexo”, segundo o ministro de Industria, Miguel Sebastián.
O representante do Goberno español respondía así na Cámara Alta a unha pregunta do senador ferrolán do Partido Popular, Juan Juncal, verbo dos plans do Executioo para o sector naval durante este semestre no mando da Unión. Juncal advertíu que en 2011 os estaleiros de Navantia na ría de Ferrol ficarán sen carga de traballo. A recuperación da construción naval civil é unha arela da comarca reflectida mediante unha Iniciativa Lexislativa Popular a prol do levantamento do veto que recibíu o refrendo unánime do Parlamento de Galicia. Os representantes políticos galegos achegáranlle a petición de que negociase a fin do bloqueo ao presidente do Executivo central, José Luís Rodríguez Zapatero, quen amosara a súa disposición a facelo. Mais nesta xornada o ministro Sebastián adiantou que “a Comisión Europea non está disposta” a revisar esa sanción imposta a España ata o ano 2015. O titular de Industria afirmou que teimar nesa cuestión levaría ao organismo europeo a volver a abrir o expediente polas axudas a Izar que foran consideradas ilegais.