ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Trala volta de Madrid, Gustavo consulta ao doutor Campiño para afrontar a súa crise e poder retomar a súa vida. Capítulos 59 a 63 do podcast Madriña, dirixido por Eugenia Sanmartín, con guión de Antonio Tizón e música de Antón Ramos.
Gustavo lembra con Clara os últimos momentos da vida da Madriña, de como María Dominga puido rematar todas as coplas analfabetas que Gustavo tiña escrito para ela, xusto antes de que unha simple gripe rematara con ela. Ela que foi quen de sobrevivir “á guerra, a fame e a miseria, tantos desgustos dolorosos e tantos partos sen comadroa, o que non conseguiu aquela terrible epidemia de 1918, que causou máis mortos no mundo ca toda a primeira guerra mundial”.
Cóntalle tamén Gustavo da petición que a Madriña lle fixo, “fala conmigo xa morta”.
O ex inspector Sánchez Pereiro segue, mentres tanto, a buscar ao asasino de Ramiro Gallego Tenreiro.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora