“Ferrol 1936. Golpe de estado e represión”

“Ferrol 1936. Golpe de estado e represión”

13 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

É o título dunha unidade didáctica dirixida a estudantes da ESO e bacharelato escrita por Xosé Manuel Suárez que se presentou esta mañá no concello de Ferrol. No manual explícanse os principais feitos e consecuencias do golpe de estado de xullo de 1936 na comarca e o proceso represivo que conlevou o mesmo. Entroutros contidos dáse conta das cen primeiras vítimas da represión en Ferrolterra e dos escenarios principais onde se l

“Lembrar estes acontecementos serve para pechar feridas abertas e deixar a un lado os enfrontamentos entre os cidadáns de Galicia, España e o mundo”, indicou esta mañá na presentación da publicación a concelleira de educación, Mercedes Carbajales. 

Segundo o  seu autor, Xosé Manuel Suárez recóllese a historia agochada debaixo dos despachos oficiais que non aparecen nos libros de texto. Nárrase o golpe de estado en Ferrol, as consecuencias da represión, como os fusilamentos acordados en consello de guerra e os paseos. O Arsenal Militar, o cemiterio de Canido transformáronse en lugares onde se masacraba á xente, explicou Suárez. Dáse conta das 100 primeiras vítimas da represión entre o 25 de xullo e o 21 de agosto para que os alumnos/as poidan facer gráficos, bases de datos e traballos de investigación. Inclúese unha comparativa entre a traxectoria de Xaime Quintanilla e José López Bouza, unha carta do fillo dun fusilado, Fernando Carballo e información do campo de concentración de Cedeira. 

Un repaso a un anaco amargo da nosa historia que non quedou no esquecemento.    

Sociedade