“Hai que recuperar o espírito de compromiso entre produtores e industria”, afirma o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez

“Hai que recuperar o espírito de compromiso entre produtores e industria”, afirma o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez

05 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A situación crítica que atravesa o sector gandeiro centrou a intervención do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, na inauguración das III Xornadas de Vacún de leite que se están a celebrar na Casa da Cultura de San Sadurniño. “ Atopámonos moi preocupados pola situación económica que atravesa o sector”, sinalou  Juárez, e fixo fincapé no cumprimento do acordado no mes de xuño coa creaci&oa

Estas xornadas oriéntanse a darlles aos gandeiros indicacións e formación útil relacionada coa xestión das súas explotacións. No marco das mesmas Juárez  destacou a caída do prezo do leite en todo o mundo pola crise económica. “Europa exporta, a demanda baixa e non se poden sacar os excedentes. O euro está moi alto e os produtos europeos son pouco competitivos e por riba as materias primas teñen un prezo moi elevado” salientou o conselleiro. 

“Temos as mans moi atadas” afirmou, xa que o sector regúlase por normativa comunitaria e quédanos pouca marxe de traballo. Con diversos mecanismos de axuda, como créditos ou subvencións aos gandeiros tentouse favorecer, no 2009, aos gandeiros . 

O prezo de orixe do leite non é a única cuestión que afecta ao sector, existen problemas internos : unha falta de vertebración e unha cultura de traballo en conxunto entre industria e produtores. Precísase un achegamento entre os implicados malia tratarse dunha industria prácticamente española, os puntos de decisión non se atopan en Galicia, sinalou o titular de medio rural. 

“Estase incumprindo o espírito do compromiso adoptado en xullo e hai que retomalo. É fundamental que ese acordo se cumpra. Ante isto, Juárez informou da posibilidade de certos cambios legais, da ampliación da base territorial e a modificación da Lei de banco de terras.    

Juárez apostou pola diversificación da producción como nos casos de Francia e Italia onde a industria láctea non só se dirixe ao produto líquido. “Hai que destinar os excedentes do leite a alimentos non perecedeiros a curto prazo, como o queixo, e difundir a calidade do produto galego para ser máis competitivos no mercado”, recalcou.  

Institucional