“House” (Cuatro, 22.15 h.)

“House” (Cuatro, 22.15 h.)

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Hai algúns aos que a palabra “centenariazo” aínda nos fai estremecer. Iso mesmo, amargar a festa do favorito, é o que fará a doutora Cuddy no episodio número 100 da serie “House”. Nun programa que se cadra debera ter rematado hai 50 episodios e no que tan só as boas interpretacións

Logo de que o ionki da vicodina fixera todo o posible por amargarlle a súa maternidade á xefa, esta retornará ao traballo para facerlle a vida imposible, algo que o doutor infalible aturará con estoica resignación porque, como xa se pode intuir, el sempre sabe algo que nós non sabemos e que suporá un ben maior. Anda polo medio a complicación do romance entre Foreman e Trece que lle dá a trama unha pingas de romace adulto porque hai que competir con “Anatomía de Gray” e o seu mal disimulado folletín sofisticado e hospitalario.
Son estas as únicas novidades dunha serie xa con cen episodios ás costas que, como aquel equipo protagonista do “centenariazo”, viviu tempos mellores pero aínda se mantén dignamente e de cando en vez aínda da a sorpresa e mostra categoría de Champions League. E para min que, como iluminados rabudos, House e Djalminha sempre tiveron moito que ver. Cuatro emite o capítulo 100 de House ás dez e cuarto da noite.

Sociedade