ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fotografía, Nadal e Lugo fundiranse na exposición “Imaxes do Nadal”, que se inaugurará de forma oficial mañá na sala da Xunta en Lugo. Esta actividade forma parte da programación do Belén de Begonte para o ano 2009 e estivo presente na Casa da Cultura begontina ata o pasado domingo 27 de decembro. Organizado polo grupo fotocinematográfico Fonmiñá e o Centro Cultural José Domínguez Guizán, estará sit
“Imaxes de Nadal” consta de varias fotografías de 10 artistas lugueses que plasmaron nas súas instantáneas as súas particulares visións sobre o tempo de Nadal en Lugo, así como do Belén de Begonte. A obra de José Reigosa, José Federico García, José M. Guisasola, Toñi Ónega Fernádez, Fernando Gago, Xosé Manuel Otero, Méndez, Miguel Calvo, Luis Engroba e Eduardo Ochoa; terá, a partir de mañá, un oco dentro da programación cultural lucense ata o 18 de xaneiro.
Esta exposición é parte da programación organizada polo Belén de Begonte e que contou con diversas actividades como o concerto de Nadal do Orfeón Lucense, no que interviron Pilocha, Mini e Mero, A Quenlla e Noemí Mazoy.