“La vida sin nosotros” (Cuatro, 00.20 h.)

“La vida sin nosotros” (Cuatro, 00.20 h.)

25 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un cerebro un pouco máis grande do normal, a invención da arte, mais tamén unha malicia asasina e invasora que vai máis alá da mera supervivencia e que se xustifica, se fose preciso, coas trapalladas que inventa o noso talento lingüístico, son as características que nos distinguen aos humanos do resto de especies do planeta. Como na canción escolar, dende pequenos pensamos que o patio da nosa casa é particular e, tan só dende hai unh

Enxeñeiros, botánicos, biólogos, xeólogos ou expertos en climatoloxía fan ciencia ficción e debuxan a cara dun planeta no que, da noite ao día, se extinguise a raza humana, deixando atrás todos os vestixios da súa agresiva civilización. Sumidoiros colapsados que o anegarían todo, estruturas conxeladas, outras derruídas, andazos desatados e outras marabillas serían, prognostican os expertos, os nosos regalos de despedida ao globo terráqueo. E no fondo de todo isto a paranoia dunha extinción repentina que medra a cada esbirro dun cuate en Centroamérica. Siniestro Total xa contou todo isto mellor que eu, e en menos liñas, naquela canción que dicía “pobos do mundo extinguídevos, deixade que continúe a evolución, esterilizade aos vosos fillos, xunto da man cara a extinción”. “La vida sin nosotros” estréase ás doce e vinte en Cuatro.

Sociedade