“Más allá de la vida” (Telecinco, 00 h.)

“Más allá de la vida” (Telecinco, 00 h.)

19 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Por moito menos, sentarán ao xuíz Garzón no banco dos imputados. E é que iso de andar escoitando conversas alleas é un asunto que dá para non pouco debate e resulta extraordinariamente televisivo. As escoitas ás agachadas sustentaron e déronlle nome a ese tótem da televisión contemporánea, “The Wire”, a serie na que os axentes da lei seguen de orella o movemento dos baixos fondos de Baltimore. Os programas da prensa ama

Os colaboradores que sentan coa telefonista que dá o servizo do 11811 en todos os camposantos serán Bibiana Fernández e Carmen Bazán, á que a canle amiga bautizou cun título que para si quixera algunha duquesa de medio pelo: Matriarca do Clan Janeiro. Se con iso non se che abren as portas de Zarzuela, e que os Borbón perderon o criterio nunha regata en Mallorca. Tanto Bibi como a primeira almirante de Ambiciones están dispostas a que Miss Germain lles meta o medo no corpo referíndolles mensaxes que transmiten os seus seres queridos e defuntos e que só elas poderán interpretar. No caso da protectora do Jesulinádego, cabe agardar que a conversa sufra das xa tradicionais interferencias belenestebanescas que contaminan todo o espectro da cadea. O que tamén hai que pensar e se todo o que di a médium do programa non se desprende, a fin de contas e precisamente, de colocar micros ocultos tamén nos dormitorios das convidadas. Con iso pecharíamos perfectamente este círculo das escoitas indiscretas. Reflexionemos ao respecto mentres vemos “Más allá de la vida”, que Telecinco emite dende a medianoite. 

Sociedade