“Ninguén se salva só, só nos salvamos xuntas”

“Ninguén se salva só, só nos salvamos xuntas”
09 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Este é o chamamento a acción da Plataforma Ulloa Viva, chamamento á mobilización social para defender a Comarca do Ulloa fronte ao proxecto ALTRI.

ESCOITA O PODCAST:

O nacemento da Plataforma Ulloa Viva ten lugar en abril de 2022, momento no que un grupo de persoas vinculadas ao tecido asociativo da Comarca da Ulloa, que xa se tiñan mobilizado con anterioridade polo proxecto do parque eólico do Maxal, empeza a coñecer as noticias sobre a posible instalación dunha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei, o proxecto de Altri. A plataforma comezou a funcionar e conseguir o apoio da sociedade civil galega nun movemento no que foron capaces de mobilizar nunha manifestación a máis de 100.000 persoas. 

A participación da sociedade civil dos entornos nos que se desenvolven os proxectos é fundamental para que estes resposten ás necesidades e á realidade das colectividades nas que se radican os proxectos. Dito isto, as dificultades que teñen que enfrontar as entidades que se organizan son enormes en temas tan importantes como, por exemplo o acceso á información sobre os proxectos.

Ulloa Viva tiveron que agardar dous anos de peticións constantes para conseguir información directa dos promotores e da administración galega.

Falamos con Marta Gontá, voceira da Plataforma que foi, ademais, a primeira presidenta da mesma para coñecer o traballo tan importante que están a desenvolver.

Fotografía: Marta Gontá (Plataforma Ulloa Viva)

Sociedade

Publica o teu comentario agora