“No disparen al pianista” (La 2, 23.15 h.)

“No disparen al pianista” (La 2, 23.15 h.)

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

En canto teño ocasión comento que a música en vivo en unha bendición na tele. Antano, en Tocata e outros programas post-movida dos 80 era case unha obriga, pero en canto as folclóricas comezaron a aceptar o ‘playback’ nas galas de José Luis Moreno e os seus monicreques, morreu a espontaneidade musical nun medio, a televisión, que, como é tan impúdico, ten alerxia á improvisaci&

Haberá seccións novas, como “El duelo”, na que dous críticos enfrontarán as súas opinións sobre unha banda ou unha tendencia musical, que é un dos deportes prediletos de calquera fan do pop que se chame tal. Mentres algún defende que o cantante de Manos de Topo ten personalidade e outro explica que simplemente canta mal a propósito, tamén veremos “Musical Geographic”, unha sección na que as bandas tocan en lugares insospeitados: por exemplo, La Oreja de Van Gogh baixo unha ponte: algún desexaría que lles caese encima. No que respecta ás actuacións, esta noite poderemos ver en directo a Los Secretos e Miguel Ríos, dous clásicos, e tamén unha entrevista e parte do concerto en España doutros clásicos: Oasis. Ver a un xornalista enfrontarse aos Gallagher é como asistir a unha lenta execución e escarnio público se os gañáns máis célebres de Manchester teñen o día de ‘nones’. Son rabudos, pero hailles que ter cariño, porque como eles cantan nun dos seus himnos, non hai que mirar atrás con ira. “No disparen al pianista emítese” ás once e cuarto da noite en La 2.

Sociedade