“Non, non sei. Fixemos algo malo?”

“Non, non sei. Fixemos algo malo?”
01 de Marzo, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O caso “Globero” actualízase con novidades que parecen implicar á familia Gallego Tenreiro, Clara e Márquez teñen que interrogar aos dous Xoáns, o tío e o primo de Gustavo. Resumo dos Capítulos 54 a 58 do Podcast Madriña, dirixido por Eugenia Sanmartín, con guión de Antonio Tizón e música de Antón Ramos.

ESCOITA O PODCAST:

En Madrid, Gustavo goza do éxito dos recitais poéticos que ofrece a un público entregado. Sánchez Pereiro descubre con sorpresa que non ten que convencer ao seu amigo para voltar á Coruña, a súa escapada madrileña cumpriu a súa finalidade...

“...esta vez vin a Madrid para demostrarme a min mesmo algo que sempre sospeitei pero que nunca me atrevín a comprobar: que a miña poesía pode gustar a públicos masivos. Pero, tamén e sobre todo, vin a Madrid para impresionar a Ana Rosa, outra das miñas moitas mulleres imposibles, e pescudar, de paso, sobre as posibilidades que teño de seducila.”

Fotografía: XanXe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora