ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Toda unha vida leva Meli Villasante, cociñeira do restaurante A Lonxa de Burela, dedicada ó mundo da hostalería. Vinteoito anos desde que esta muller formada en Lugo se puxo á fronte dos fogons, sempre en establecementos vinculados á vila burelesa. Hoxe en día o seu negocio, situado no propio porto, é ún dos puntos de referencia obrigados para a degustación do Príncipe Azul que ofrecen as
O bonito é un prato moi consumido no restaurante A Lonxa, demandado por clientela local e foránea. Meli Villasante destaca como especialidade do establecemento o cebiche, prato que se prepara a base de lombos de bonito en lonchas, macerado e curtido en lima ou sal e vinagre, e despois condimentado con aceite de oliva virxe e allo picado. Mais por non ser un prato especialmente coñecido, non ten tanto tirón no restaurante como o clásico rolo de bonito, o prato máis demandado entre os elaborados con este peixe, e o que se ofrecerá como tapa na Lonxa na degustación que se prepara para o fin de semana en paralelo á XXXI Feira do Bonito.
Sobre a Feira, Meli valora a afluencia de público e o tirón que ten o túnido para facer que a xente se achegue a Burela. A hostaleira afirma que lle encantaría colaborar activamente na Feira, mais a dedicación ó seu traballo non llo permite polo momento. Si ten pensado facelo cando se retire, mais ata a chegada dese día, o desfrute de pratos elaborados a base de bonito no restaurante A Lonxa é unha alternativa máis que recomendable.