ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Comité organizador Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira segue a mellorar as súa oferta, escoitando as propostas e comentarios dos usuarios, tanto no aspecto musical como no organizativo dun festival que nacía hai 46 anos e conta co máis selecto da música celta do mundo. Así nos presenta Bruno Lozano, director da Escola de Gaitas de Ortigueira e membro do Comité Organizador do Festival, as melloras que se poderán notar neste evento que acolle a milleiros de persoas en Ortigueira.
O Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo, é un dos máis tradicionais e importantes e, seguramente, un dos festivais galegos máis coñecidos dentro e fora de Galicia. Parte imprescindible da cultura musical, os festivais son eses espazos que nos permiten gozar da música en directo, pero tamén de moito máis, porque nos festivais vivimos unha experiencia persoal e colectiva, que cada quen o vive ao seu xeito, pero que nos une no gozo da música compartida. Ortigueira é un deses FESTIVAIS con maiúsculas, tan emblemáticos que forman parte da nosa memoria musical.
Co este referente cultural,“Oito nacións, unha cultura”, a música folk tradicional que une ás nacións celtas, nun exercicio de posta en valor do noso patrimonio musical, de apreciación do noso, a través de achegar o coñecemento das músicas doutras culturas que nos son afíns, naceu en 1978, da man da Escola de Gaitas de Ortigueira e baixo a dirección de Xabier Garrote, este histórico festival que se celebra cada verán na segunda fin de semana de xullo en Ortigueira.
Un festival que nacía dun xeito máis que artesanal; agora lonxe quedaron aqueles directivos e alumnado da Escola de Gaitas de Ortigueira que montaban o palco, vendían autocolantes, repartían publicidade e servían as comidas dos grupos convidados. Os cambios organizativos que se introducían no ano 2000, “profesionalizaron” o festival en canto a organización pero o espírito segue a estar, ...música de rúa, obradoiros de instrumentos e baile, a acampada en Morouzos, a música de raíz,..., aquí seguen. E todo isto, de balde, case un imposible nos tempos que vivimos.
Do 11 ao 14 de xuño agárdavos en Ortigueira unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta. 46 anos dunha idea visionaria que triunfou e puxo a Ortigueira e á cultura musical galega no universo da música e converteu ao Festival de Ortigueira nun FESTIVAL con maiúsculas.
Imaxe: Álvaro Ramil. Festival 2023
Publica o teu comentario agora