ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Eu non son un artista calquera, son pallaso”, así se define Isaac Rodríguez que ten en Peter Punk o seu alter ego, un pallaso coa actitude punk por bandeira que leva facendo circo dende hai máis de vinte anos.
E o destino estaba xa escrito na propia elección do seu nome; cóntanos Isaac que descubriu hai pouco que un dos significados do seu nome é “o que fará rir”, e a elección non puido ser máis acaída porque os seus espectáculos están cheos de música e humor en galego dirixido, en principio, para o público infantil, logo a realidade demostra que todas as persoas presentes rimos a cachón.
Non hai contrasentido en afirmar que Peter Punk tómase moi en serio a risa e, sobre todo, ao seu público. Moito traballo na posta en escea, nas propostas e tamén nas mensaxes que se emiten no escenario, tamén as nenas póñense a pensar. Os peques non son parvos e ademais son un público máis esixente que o público adulto.
Peter Punk estará co seu espectáculo “Peor imposible”o martes 9 de xullo na praza do CPS en San Valentín, dentro do Ciclo do Mes da Patria do Concello. Será a partir das 21:00 horas e contará con algunha sorpresa moi interesante.
Imaxe: Charlatana.org
Publica o teu comentario agora