“O xogo de Yalta. Afterplay” centra o programa cultural desta fin de semana en Compostela

“O xogo de Yalta. Afterplay” centra o programa cultural desta fin de semana en Compostela

05 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico represéntase esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago. Unha obra que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pér

Brian Friel, unha das máis destacadas figuras do actual teatro europeo, inspírase nos personaxes de Anton Chékhov e nas súas inquedanzas atemporais para falar do amor e da soidade. Así, partindo dun dos máis coñecidos relatos do escritor ruso, en O xogo de Yalta constrúe unha sorprendente peza dramática con saltos no tempo e no espazo que lanzan ao espectador a unha viaxe case "turística”. Introdúzeo no complexo mundo amoroso que comparten Anna Sergueyevna (interpretada pola debutante actriz Victoria Pérez) e Dmitry Dmitrich (Damián Contreras), situados nunha difícil encrucillada. 

Pola súa banda, en Afterplay María Barcala e Gonzalo M. Uriarte dan vida á Sonia Serebriakowa de Tío Vania e ao Andrei Prozorov de As tres irmás vinte anos despois de protagonizar os seus respectivos dramas. A necesidade de converter en plantación de eucaliptos o que ata agora fora plantación de cereais e a procura de créditos bancarios para subsistir levan a Sonia a Moscú. Nun humilde café coincide con Andrei Prozorov, violinista cunha dura biografía, producíndose entre ambos unha corrente de confesións.

Cultura