“Operación Triunfo” (Telecinco, 21.45 h.)

“Operación Triunfo” (Telecinco, 21.45 h.)

20 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Discutín onte cun amigo que Telecinco debería reformular dunha vez a fórmula de “Operación Triunfo” para maximizar os beneficios en tempos de crise. Calquera que veña seguindo o concurso de talentos nos últimos anos sabe que a fórmula está esgotada de non ser porque a natureza mesquiña do ser humano fainos gozar do escarnio alleo. Así as cousas, das tres horas que debe durar o show, as dúas primeiras, nas que o

O bo chega despois, cando as súas ilusións de ser número 1 dos 40 Principales esnaquízanse perante o algo previsible xa xuízo sarcástico de Risto Mejide. Aí están os picos de audiencia para a canle amiga que visto o visto, debera ver unha oportunidade de aforrar cartos e reformular o show de maneira máis barata. Na “Operación Triunfo Recesión Edition”, os aspirantes gravaríanse na casa, subirían os vídeos ao Youtube e no plató só estarían Jesús Vázquez para por panos quentes e Risto Mejide para arrefrialos cuspindo a súa bile. O efecto sería o mesmo que o do espazo actual e o aforro resultaría considerable.

Como semella que de momento non sopesan a idea, os executivos seguen fornecendo de carne fresca no plató ao esteta do insulto, e esta noite lévanlle unha peza de caza maior: Soraya Arnelas disposta a chorar as teorías conspirativas da súa derrota en Eurovisión, convertida en vítima propiciatoria.

OT comeza ás dez menos cuarto, e remata máis tarde do debido, esta noite en Telecinco.

Cultura