ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Berberecho, ameixa, zamburiña, vieira…Había de todo nos anos 40 na ría de Ferrol. Así o recorda Francisca Prego, mariscadora que chegou á ribeira de Barallobre en 1943. Aquí podes escoitar a súa historia.
A pesares da riqueza marisqueira da nosa ría, non era común que as mulleres fosen ao mar. Francisca foi pioneira. Unha muller loitadora que decidiu non facer caso aos consellos das súas veciñas “A xente tiña a menos ir á praia. Eu cando vin para aquí fun e unha señora que vivía aí abaixo, díxome: ‘Paca, non vaias á praia que por aquí non vai ninguén á ameixa que é unha vergonza, non vaias. Eu díxenlle: ‘eu vou que onte fun e gañei 3 pesetas. Eu fun sempre’”. A punto de cumprir 100 anos, Francisca recorda con nostalxia os seus inicios no marisqueo logo de vir co seu home a vivir á casa dun cuñado. A casa na que reside na actualidade e dende a cal saía cada día ao mar facendo fronte a tódalas adversidades. Móstrase agradecida á señora Pepa, aquela muller que lle comprou ameixa por primeira vez para levar a vender a Ferrol. Tamén se acorda dun home que viña cunha camioneta dende Pontedeume a mercar zamburiña. Non esquece tampouco cando a praia apareceu chea de berberechos. “Había de todo”.
Na imaxe, Francisca Prego.
Fotografía: Xarda.
Publica o teu comentario agora