ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Para ser tan só un mar, o Mediterráneo sempre tivo mellor prensa que o océano Atlántico. Por cada vez que se fala do litoral noso, noméase cinco ou seis a ese caldo que baña o sur de Europa. Por cuestión de orgullo localista sempre botei en falla un himno ben cantando para as nosas praias con algo máis de “punch” que a “Rianxeira”, que só presta para cantar a coro. En troq
Desta volta, no repaso pola historia europea que afogou nas ondas do cálido reduto mariño, tócalle a Croacia, á que na publicidade do programa lle chaman “fascinante país”. Abofé que para min o foi sempre. Aínda non puxen nunca o pé alí, pero teño fantasías de que se trata dunha terra habitada por xente de metro noventa que camiña con gracilidade. Se cadra estou algo influído polas lembranzas marabilladas da miña infancia na que había uns homes que facían ballet en pantalón curto e camiseta de tirantes e aos que lles chamaban selección iugoslava de baloncesto.
Á fronte de todos eles estaba Drazen Petrovic a que vin xogar unha vez en directo na Coruña e agora fachendeo diso como que presume de ter visto a Elvis ou a Sinatra cando estaban vivos. Logo chegou a guerra balcánica para aprendérmonos leccións de xeografía urxente e aqueles equipos iugoslavos escindíronse en serbios, eslovenos e croatas. Os restos da Iugoplastika de Split tomaron durante unha tempada Galicia como fogar do seu exilio, e vendo xogar baloncesto croata no pavillón da miña cidade eu soñei coas paisaxes de Dalmacia e a península de Istria, os lagos de Plitvice ou as marabillas bombardeadas da capital Zagreb. Supoño que non lle teño que dar moitas voltas máis ao destino destas vacacións estivais. No entanto, penso abrir boca vendo “Paraísos cercanos” e o seu especial sobre Croacia e o Mediterráneo que se pasa ás dez desta noite en La 2.