ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Amoebo preséntanse a si mesmos como unha das bandas máis desinhibidas da escena musical galega do momento. O seu espazo de referencia é a electrónica e os ritmos urbáns, onde se senten cómodos.
Amoebo nace en 2022 como un proxecto persoal de Aarón Valle pero moi pronto foi quen de implicar a David Fernández, “un produtor fabuloso” compañeiro de estudios e cómplice musical dende que se coñeceron. Gloria Campello sumouse ao proxecto e iniciaron unha andaina con Aarón como frontman, cantante, músico, e entusiástico bailarín, David Fernández como músico e, sobre todo, produtor e con Gloria Campello asumindo a responsabilidade de audiovisuais do proxecto. Aarón Valle, motor e cara visible de Amoebo acompáñanos neste episodio de Sons de Nós.
Amoebo lanzaron o seu primeiro sinxelo, “Primeiro pase”, no mes de abril de 2022, dando as primeiras pistas do que sería seu enérxico directo e, semella que este 2025 será o seu ano, porque teñen xa preparado un novo traballo discográfico que verá a luz neste mes de marzo e uns espectáculos en directo, aos que teñen sumado un grupo de 4 bailarinas, nos que prometen cumprir coa súa premisa básica que é facernos bailar e que, segundo os compoñentes de Amoebo, “é inmellorable”.
Aarón preséntanos este novo traballo que xa está preparado para saír, ESCÁNDALO NO ESCURO; un traballo que terá dúas caras moi diferenciadas en resposta a dúas propostas distintas que respostan ás personalidades dos músicos que forman parte de Amoebo, pero que se conxugan á perfección.
Na cara A predominan os ritmos máis urbanos, mesturados co pop dos 2000, tomando
como referentes a divas como Madonna, Britney Spears, Dua Lipa ou Bad Gyal. E na cara B aparecerá a pegada do pasado “metaleiro” dos artistas: as guitarras e os baixos érguense como protagonistas absolutos, cun fondo urbano e actual, para conformar unha mestura enérxica, agresiva e, sobre todo, festiva.
Fotografía: @leolopezfoto
Publica o teu comentario agora