ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Lucía Aldao é un referente dentro do panorama cultural galego, a súa faceta na creación poética ten unha grande importancia na escrita galega, pero ela é unha muller poliédrica e ten moitas máis facetas que compartir, porque a música e o humor forman parte da súa proposta artística.
Pava é a banda liderada por Lucía Aldao que conta con Analís Guillín na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra e veñen de presentar o seu terceiro traballo, un EP que leva por título 3, seguindo a serie dos anteriores (PAVA 1 e PAVA2).
O inicio no mundo da música de Lucía veu dun xeito moi natural, as cancións saíron de forma tan natural como os poemas e, aínda que Lucía nunca pensou en crear unha banda, todo veu rodado porque o éxito de PAVA 1, que naceu como unha proposta en solitario, fixo que aquel, “poñer un pé no mundo da música” tivese continuidade facendo necesario xirar polos escenarios a presentar, agora, o seu traballo musical.
PAVA nace como resposta a esa necesidade de ter presenza no escenario dun xeito máis pleno. E neste PAVA 3 xa están todas, a banda ao completo fixo seu o proxecto e está detrás de todo, non tanto da composición, que segue a ser de Lucía, pero si nos arranxos e nas melodías e “en mil cousas máis”.
PAVA, lonxe de parecerse a esa moza ou muller en proceso de evolución e formación, é xa un proxecto evolucionado, claramente asentado e moi serio, aínda que algún dos títulos das súas cancións esperten o noso sonriso.
Imaxe: PAVA Antón&Martiño
Publica o teu comentario agora