ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai unha temática narrativa á que os ingleses lle chaman o “slice of life”, que ven a ser algo así como “anaco de vida” ou, case máis exactamente, loncha de vida. Non consiste noutra cousa que en referir, ao natural, un momento concreto, sen artificio, da existencia das persoas. Postos a facer lonchas, o soño de José Corbacho sería facerse charcuteiro. O home co máis extraordinar
Iso era o que había en “Tapas”, o seu exitoso filme, e iso é tamén o que prometen en “Pelotas”, o nome da serie que Corbacho e Cruz estrean esta noite. Contan a vida de varias persoas dun mesmo barrio periférico que, por enriba das diferenzas, comparten unha mesma paixón: o Unión, o equipo de fútbol de segunda rexional. Nas bancadas do modesto campo fan catarse colectiva e terapia de grupo para esquecer as miserias do resto da semana. O argumento nada ten de orixinal, pois milleiros cumprimos con ese ritual todos os domingos, case tantos ou máis que católicos van á misa, pero vistos os antecedentes dos directores pagará a pena darlle unha oportunidade ao primeiro capítulo de “Pelotas”, que se emite en TVE ás dez da noite.