“Polo dereito a producir, polo dereito a traballar na nosa terra”

“Polo dereito a producir, polo dereito a traballar na nosa terra”

23 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo este lema a Plataforma en contra do Decreto do carbón e en defensa da produción eléctrica de Ferrol insta a participar aos cidadáns da comarca de Ferrolterra na manifestación que se celebra mañá domingo na cidade departamental. A marcha sairá ás 12:00 da mañá da Praza de España.

A convocatoria da mobilización en Ferrol prodúcese porque o colectivo considera perigoso centrar o problema só en As Pontes. Aseguran que  s repercusións do Real Decreto se deixarán notar en toda a comarca, xa que os camioneiros e traballadores vencelllados á central térmica de Endesa no só viven en As Pontes. Esta acción de protesta súmase a outras como a recente “marcha moura” e á folga de fame indefinida de 2 sindicalistas da CIG reclamando unha entrevista co ministro de Industria Miguel Sebastián.

O voceiro do BNG de Ferrol, Xoan Xosé Pita, considera que o Concello ferrolán debe adoptar unha posición máis activa como cabeza visible da comarca. Desde a plataforma demandan que a cota asignada politicamente ao carbón español se reparta entre as tecnoloxías do sector eléctrico. Dese xeito as térmicas de As Pontes e Meirama sofrirían menos impacto das primas ao consumo do mineral de Asturias e León.

Sociedade